●     Recoñece a figura humana e sinala as partes principais do seu corpo. 

●     Identifica e sitúa as partes da cara. 

●     Identifica os sentidos corporais e os seus coidados.

●     Participa activamente nos xogos colectivos. 

●     Diferencia os conceptos rápido/lento. 

●     Identifica as necesidades que precisa o noso corpo para estar sans. 

●     Constrúe a noción de cantidade ata 3, descompón e compón, e asocia coa súas regretas. (

●     Relaciona as partes co todo. 

●     Completa series de dous elementos. 

●     Oriéntase no espazo: a un lado, ao outro. 

●     Compara medidas: alto/baixo, longo/curto. 

●     Recoñece a figura xeométrica:  rectángulo.

●     Identifica as características principais do outono. 

●     Respecta as normas de convivencia. 

●     Iníciase nos movementos básicos para a escritura: trazo en zigzag, verticais, horizontais, cruces,inclinadas e os números 1, 2 e 3, e vogal o. 

●     Iníciase na lectura de imaxes: pictogramas.

●     Recoñece o seu nome.

●     Participa activamente nas conversas da aula. 

●     Diferencia as ferramentas que se manexan nos distintos medios TIC dos que dispoñemos na aula. 

●     Desenvolve a creatividade utilizando diversos materiais plásticos.

●     Recoñece características do son: forte e suave. 

●     Descobre as posibilidades expresivas motrices do seu propio corpo. 

●     Mantén unha actitude positiva cara a lingua estranxeira.

●     Descobre que Deus no coida por medio de moitas persoas que nos queren e se ocupan de nós.

●     Identifica o valor do esforzo.

●     Recoñece en si mesmo a tristeza e a alegría. 



Última modificación: Domingo, 8 de Outubro do 2017, 19:54