●       Mostra confianza nas súas posibilidades nas tarefas habituais. 

●       Observa e identifica elementos da contorna próxima: a casa. 

●       Identifica distintos tipos de vivendas.

●       Recoñece as diferentes partes da casa e as accións propias de cada unha das dependencias dela. 

●       Iníciase no coñecemento dos ordinais, diferenciando primeiro de último. 

●       Mide obxectos e os ordea: grande, pequeno e mediano. 

●       Iníciase na formulación de hipóteses e desenvolve o razoamento lóxico. 

●       Asocia o número 4 coa súa cantidade e a súa composición e descomposición, así como a asociación coa regreta correspondente. 

●       Realiza series de tres elementos seguindo criterios dados. 

●       Ordena obxectos seguindo un patrón.

●       Recoñece a noción de cantidade: todos, algúns, ningún, poucos e moitos. 

●       Identifica os membros da propia familia e algunhas relacións de parentesco.

●       Identifica as características do Nadal e aprecia o sentido da festa na súa celebración.

●       Iníciase nos movementos básicos para a escritura: trazo en estrela, circular, semicircular, círculos concéntricos, número 4 e vogal “o”. 

●       Fai uso do debuxo como medio de expresión e comunicación de feitos, sentimentos, emocións, vivencias, fantasías, experiencias... 

●       Participa na interpretación de cancións e xogos musicais.

●       Experimenta co son: o timbre. 

●       Demostra interese e gusto polas actividades nas que se empregan as TIC. 

●     Participa en xogos psicomotrices grupais experimentando coas posibilidades de xiro do corpo.

●       Aprende e participa na aprendizaxe da panxoliña na lingua inglesa. 

●     Recoñece que o máis importante do Nadal é celebrar o nacemento de Xesús, o Fillo de Deus. 

●       Identifica o valor da curiosidade. 

●       Recoñece a sorpresa.


Última modificación: Martes, 7 de Novembro do 2017, 20:03