●       Desenvolve a capacidade de traballar en pequenos grupos. 

●       Iníciase e constrúe a noción de cantidade do número 5, así como a súa composición e descomposición e asociación coa regreta correspondente. 

●       Enumera diferenzas e semellanzas entre obxecto polo tamaño: maior que, menor que, igual que. 

●       Comprende as secuencias temporais: antes, despois, mañá, tarde, noite. 

●       Identifica e constrúe figuras xeométricas planas: o triángulo.

●       Identifica as características dalgúns animais, e clasifícaos. 

●       Observa características meteorolóxicas propias do inverno.

●       Iníciase na descrición. 

●       Exercita o trazo da espiral, aspa, ondulada, grafía do número 5, e a vogal “a”.

●       Aplica correctamente a dirección dos números e grafías.

●       Respecta e coida a biblioteca de aula. 

●       Comprende instrucións sinxelas. 

●       Exercita destrezas manuais manexando as tesoiras axeitadamente.

●       Recoñece calidades do son: agudo, grave. 

●       Comprende que as TIC serven para o tempo de ocio e para aprender coñecementos. 

●       Salta sen dificultade. 

●     Emprega expresións convencionais de cortesía na lingua inglesa. 

●     Aprende a compartir e amar aos demais, xa que quen comparte e ama fai o mesmo que Xesús nos ensinou. 

●     Identifica un valor: a prudencia. 

●     Recoñece situacións de medo.


Última modificación: Xoves, 1 de Febreiro do 2018, 08:45