ITEMS UNIDADE 4

●     Identifica os diferentes sentidos que interveñen nunha situación de comunicación.

●       Realiza hábitos relacionados coa saúde da voz. 

●       Recoñece cantidades representadas graficamente do 0 ao 5. 

●       Atopa relacións de diferenza cuantitativa: mais que, menos que, igual que. 

●       Recoñece formas xeométricas en obxectos da contorna cotiá: óvalo.

●       Sitúa obxectos tomando un punto como referencia: preto / lonxe.

●       Coñece e secuencia os días da semana.

●       Comprende o cambio na natureza na primavera.

●       Comprende a necesidade de conservar o medio. 

●       Coñece medios de comunicación colectivos.

●       Utiliza na vida cotiá algunhas normas sociais. 

●       Coñece unha festa tradicional: o Entroido. 

●       Memoriza e reproduce un trabalinguas.

●       Comprende e ordena temporalmente as secuencias dun conto.

●       Descubre a necesidade de comunicarse entre as persoas.

●       Recoñece que os signos escritos comunican e expresan información. 

●       Identifica e pronunciar a letra inicial de palabras cando é unha vogal.

●       Traza de forma autónoma trazos: festóns (ascendentes, descendentes), a vogal u.

●     Imita sons e ritmos diversos. 

●     Valora as manifestacións artísticas como unha forma de comunicación  das persoas a través do tempo.

●     Desenvolve a coordinación oculomanual.

●     Comprende que os xestos e as manifestacións corporais son unha forma de comunicación.

●     Utiliza, na medida do posible, as diferentes tecnoloxías como medios de expresión. 

●     Goza e entender que podemos comunicarnos en diferentes linguas.  

●     Comprende que a iglesia é unha gran familia formada por Xesús e polos seus amigos.

●     Recoñece o sentimento da vergoña. 

●     Identifica actitudes de respeto.


Última modificación: Xoves, 1 de Febreiro do 2018, 08:46