| | |
| | | | 1 | PRESENTACIÓN
Poñémonos en camiño. Dende este espazo, queremos facer chegar a todos o sentir da nosa realidade educativa e do noso labor pastoral.
O noso colexio non tería razón de ser, se só fosemos eficaces na transmisión de contidos académicos. Aos educadores Vedruna , preocúpanos a dimensión humana- transcendente que todos debemos cultivar para sentirnos libres e felices, para ser un cos nosos irmáns e para chegar a Deus.
Cantabamos o día da Paz unha canción que remataba dicindo: "a paz significa compartir", por iso comezamos en paz, xusto coa celebración da Fundación Vedruna e compartindo con todos este espazo: alumnos, pais, profesores e persoal non docente.
| 
| | | 2 | ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN VEDRUNA
Todo comezou hai 184 anos. Quen lle ía dicir a Joaquina de Vedruna que a súa obra ía durar ata o século XXI?
Se cada un de nós, por distintos camiños, chegou a este colexio, se hoxe estamos aquí, é porque hai moitos anos un grupo de mulleres, liderada por ela, se empeñaron en facer realidade un sono.
As dúbidas eran normais, pero o entusiasmo superaba calquera dificultade. Elas conseguírono. Vedruna é hoxe unha realidade. Joaquina e aquelas nove monxas comezaron o labor. Elas deron os primeiros pasos. Hoxe en día, irmás e segrares continuamos a súa obra, intentamos facer realidade as súas palabras "Amor e máis amor". Na celebración do aniversario da Fundación lembramos esa comunidade pionera .
Seguro que terían os seus temores.Mirádeas están a imaxinar o futuro.E seguro que nosás defraudaremos.

Celebración da fundación file
| 
| | | 3 |
Un ano máis, esta organización, que desenvolve proxectos educativos e sanitarios non continente africano, pediu a nosa colaboración na campaña de recollida de roupa usada e zapatos, para beneficiar a centos de nenos e nenas, aos que se lles abrirán ás portas dun futuro mellor .
Foron numerosas as bolsas de pezas de vestir que trouxestes ata o colexio. Esta campaña permitiunos colaborar coas persoas que teñen menos ca nós, permitiunos ademais facer unha reflexión sobre o consumo e sobre a protección do medio ambiente, tratando de facer de nós persoas cunha mentalidade ecoloxista.
A recollida de prendas e zapatos usados supón para moitos nenos e nenas un pouco máis de cor e calor na súa vida.

| 
| | | 4 | CORESMA
A palabra clave da Coresma é Convertédevos! Sentimos a necesidade permanente de renovarnos, de estar ao día. Ao longo da Coresma ofreceránsenos oportunidades, pasos, xestos para esta conversión.
Descargar presentación da coresma

Celebración da pasión file
| 
| | | 5 | PROXECTO UPLAT-INDIA

Dende o Equipo de Pastoral e seguindo a programación deseñada para este curso, facémosvos partícipes dun proxecto solidario a desenvolver neste terceiro trimestre. O devandito proxecto foi escollido para a Campaña de Mans Unidas pero debido aos acontecementos acontecidos en Haití, pareceunos máis axeitado solidarizarnos naquel momento con ese pobo tan devastado polo terremoto.
Formación e salarios para 20 traballadores de Saúde que ofrecen axuda a enfermos sen recursos da etnia Adivasis , en Uplat-India .
Este proxecto forma parte doutro máis amplo que desenvolven as Irmás Carmelitas nesta rexión da India.
Os Adivasis están a ir cara a atrás económica e socialmente. Son granxeiros marxinais que dependen da agricultura alimentada pola chuvia. Despois da colleita emigran a outros sitios para buscar traballo noutras granxas ou pequenas industrias. As mulleres enfermas e maiores, así como os nenos, quedan no pobo para coidar o gando
Os traballadores sanitarios que traballan con eles,reciben formación en períodos regulares e axudan os Adivasis a administrarse nas súas enfermidades.
PRETENDEMOS:
§ Involucrar a todo o colexio (alumnos, profesores, pais) nun proxecto solidario, colaborando cada un ao seu nivel
§ Recadar o diñero suficiente para o proxecto de Uplat. (1.147 €)
§ Dar a coñecer outras realidades distintas á nosa.
Na entrada principal do Colexio haberá información e un peto para facilitar a vosa colaboración económica.
As actividades traballaránse cos nosos alumnos/as dende as titorias, mais adinate os informaremos das actividades que vos propoñemos aos país e nais.
Esperamos que esta actividade sirva para que todos poidamos traballar en equipo e nos conciencie a todos no valor da solidariedade.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo.
O Equipo de Pastoral
El sueño de Keval PDF document
| 
| | | 6 | Not available | 
| | | 7 | Not available | 
| | | 8 | Not available | 
| | | 9 | Not available | 
| | | 10 | Not available | 
| |
| |